Ultranoite na Coruña
A Ultranoite colle as maletas para trasladarse por primeira vez ata A Coruña durante unha fin de semana no mes de outubro. Despois da decisión de Feijoo, será en plena campaña electoral. E será a taquilla e co IVE das entradas disparado. Pero a Ultranoite, vendo o rápido que se desmorona a nosa democracia, quere achegarse ao público doutras cidades e comarcas para compartir esta práctica de autodeterminación teatral co maior número de xente.
Coma sempre, a Ultranoite transporta música ao vivo, humor irreverente, teatro feito a pé de rúa, onde a espontaneidade e a improvisación faise con alevosía e nocturnidade. Un cabaré distinto, actual, crítico, gamberro e incorrecto. Unha revista ao vivo para repasar a actualidade con toda a liberdade que ofrece un escenario. Unha actualidade que dá tema para dar e tomar.
Xa estamos a traballar en novos números para presentar na Coruña. Falaremos da subida do IVE, de Sanchez Gordillo e os asaltos aos supermercados, da segregación por sexos nas escolas, do roubo do Códice e das inexploradas relacións entre o Deán e o electricista da catedral, das Pussy Riots e Putin, de alcaldes e señoras da Coruña. E como nos chantaron unhas eleccións sen previo aviso ás portas da Ultranoite, haberá que sacar punta a todo isto. E Mariano virá con seus ánxeles. Ah! E non esquecemos que xusto hai 10 anos un petroleiro esnafrouse diante nosa e os políticos que seguen a dirixir este país montaron unha boa!
Na Coruña contaremos coa participación dos artistas habituais da Ultranoite máis algúns reforzos locais: Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron, Mónica García, Arantza Villar, Carlos Santiago, Pablo Trasno, Marcos Ptt Carballido, Iria Pinheiro, Carlos Sante, Pablo Sánchez, Xaquín Dominguez, Marcial Blanco, Paco Alvarellos, Carmen Cotelo, Vanessa Maceiras e o acompañamento musical ao vivo con Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez e Manuel Cebrián.
Venda de entradas en www.servinova.es e tamén na Coruña, no punto de venda de entradas do IMCE (só pagamento en efectivo) que está na Praza de Ourense (tlf. 981 184 200), de luns a venres de 9,30h. a 13,00h. e de 16,30h. a 19,30h.
-
(23:00h.)
Fórum Metropolitano da CoruñaCalle del Río de Monelos, 1 15006 A Coruña Teléfono: 981 18 42 93(23:00h.)
Fórum Metropolitano da CoruñaCalle del Río de Monelos, 1 15006 A Coruña Teléfono: 981 18 42 93 -
(23:00h.)
Fórum Metropolitano da CoruñaCalle del Río de Monelos, 1 15006 A Coruña Teléfono: 981 18 42 93(23:00h.)
Fórum Metropolitano da CoruñaCalle del Río de Monelos, 1 15006 A Coruña Teléfono: 981 18 42 93 -
(23:00h.)
Fórum Metropolitano da CoruñaCalle del Río de Monelos, 1 15006 A Coruña Teléfono: 981 18 42 93(23:00h.)
Fórum Metropolitano da CoruñaCalle del Río de Monelos, 1 15006 A Coruña Teléfono: 981 18 42 93