Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Consulta toda a programación de Rede Nasa

1 comentarios

Chévere
Chévere: Do Facebook de Afonso Becerra: Veño da estrea, na Salason Cangas, d'AS FILLAS BRAVAS. Un magnífico traballo de transformación interpretativa das actrices Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar, en tres mulleres do rural de idades e pensamentos avanzados. A través da revisión dunha escolma de cantos populares, coa axuda das pandeiretas e das culleres, practican un empoderamento da muller, tanto no que atinxe á sexualidade como no que respecta á xestión da vida en xeral. Os comentarios desinhibidos e as cancións que ispen as relacións entre mulleres e homes, xunto ás actitudes aparentemente espontáneas e libres, fan as delicias do público. O humor verde revélase de xeito explícito e atrevido unhas veces e outras a través do xogo e a reflexión sobre as metáforas e os símbolos que nas cancións populares agochan as mensaxes máis impúdicas. Todo para reivindicar o poderío e o vitalismo da muller, cuxas ansias de autonomía e liberdade xa latexan nas letras das vellas cancións. As tres mulleres, como Rosalía, non cantan as pombas e as flores... senón aquilo que lles proe e que lles peta. "Daquelas que cantan ás pombas i ás frores todos din que teñen alma de muller; pois eu que non as canto, Virxe da Paloma, ...............¡Ai!, ¿de qué a teréi?" Como As Tres Gracias hai nelas ledicia e forza indómita. O espectáculo son elas tres cara ao público contando e cantando. As actrices constrúen tres retratos sociolóxicos da muller rural valente e saben recoller o "gestus" que aglutina a súa idiosincrasia, pero, ademais, interprétanas singularizándoas e volvéndonolas reais e auténticas.