
Rede Nasa
Amores Prohibidos 2.0
Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis.
-
Baldo:
Ajora ao saír de clase fomos a casa de Xiana, e súa nai tampouco sabe nada dela, pensaba que estaba no instituto porque saíu pola mañá sedo. Isto ten moi mala pinta. Fun con ela á Jarda Sivil poñer unha denunsia, pero tamén temos que tomar nós a inisiativa para buscala. Axudádenos poñendo este cartel onde poidades: na rúa, no Facebook, no Tuenti... temos que atopar a Xiana entre todas e todos!!!
Gústalle(s) a 2 persoas


11 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar



Non lle puido pasar nada malo. ligastes ao Romero?







