Rede Nasa
Amores Prohibidos 2.0
Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis.
-
Baldo:
Non vos preocupedes, estou ben. Volvo ajora pró instituto que me chamaron para ir a un consello escolar. Espero que castijen a Romero como merese por partirme o narís. E Mejuto? Mellor non falar dese pobre imbésil, levouno a polisía porque levaba un porro enriba. Hai que ser sunormal!
Gústalle(s) a 3 persoas
7 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar