
Rede Nasa
Amores Prohibidos 2.0
Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis.
-
Ana:
Ola, non sei se seguides coa idea das pintadas, parece que non todo o mundo está dacordo. Se o facedes ben non ten por que haber problemas. As Mulleres Creando de Bolivia, por exemplo, levan anos defendendo os seus dereitos a través de pintadas, son famosas en todo o mundo! Déixoche unha foto, a ver que vos parece.
Gústalle(s) a 9 persoas









12 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar












