Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis.
Baldo:
Bo día amijos! Hoxe erjinme con máis janas ca nunca de loitar pola nosa lingua. Son jallejo e non o nejo!
Gústalle(s) a 3 persoas
18 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar
Mejuto:
Tío, en qué mundo vives? Nadie de nuestra edad habla en gallego, sólo los nacionaistas. Que ya lo dijo el presidente de la Xunta de Galicia.
Baldo:
Vaia exemplo que me pos! Pois mira, non fai falta ser nacionalista, nin sequera ter nasido aquí, para falar o jallejo. Aínda que realmente os que paresedes estranxeiros sodes Feijoo e mais ti.
Mejuto:
Jajajjaaj, nacionalistas y perroflautas, no me digas más! xDDD
Mejuto:
Además, ¿qué es eso de Galiza? Se llama Galicia y ya basta de imponer, cojones.
Baldo:
Aquí o único que impón por "cojones" es ti, Mexuto...
Mejuto:
Mira tío, o dices bien mi nombre o te lavas bien la boca, me entiendes?
Baldo:
Só faltabas ti nese documental Mejuto...!! Que pasada! Sejún eles en Jalisia non hai democrasia abonda para dous idiomas!
Romero:
Mejuto, no tienes más que hacer que meterte con los del gallego? Que no te amarguen la vida, que ayer perdió el Barsa y vuelve a hacer sol... quedamos hoy?
Laura:
Por que levanta tantas ampolas isto do galego? É a nosa lingua, e cantas máis saibamos, mellor non? Mejuto, por que che da tanto repelús? Tiveches algún trauma na infancia coa lingua?
Mejuto:
Yo no tengo nada contra el gallego sino contra los que lo imponen.
Mejuto:
Rome, quedé con el Adrián para dar una vuelta despues de comer, vienes? Por cierto andaba Rossi preguntando por ti...
Laura:
Si, claro, porque os galegofalantes andamos cunha escopeta obrigando á xente a falar o galego...
Carapucha:
Mejuto, ti es dos que cantarías "Cinco vocales, ni una más", non?
Suso Sanmartin:
Por alusons: http://ir.gl/fccc32 ;-D
Irene Vicente:
Pois non é tan mala idea o das pintadas. Sempre que non vos meta en moitos problemas. Baldo, con sentidiño...
Romano:
Viva os estranxeiros falando galego! :) Aquí un dos tantos exemplos que se atopan, ademais do que propuxo Baldo
Cabuxa Radiactiva:
O de que a xente xoven non fala galego e mentira! E os "perroflautas" que di Mejuto polo menos aman este idioma e fálano! Viva o galego!
Patricia de Lorenzo:
Que pasada o do documental da imposición del gallego. Hai un matrimonio aí que claramente debe de estar enganado, o seu fillo seguramente terá algún problema de aprendizaxe en xeral e non polo estudio dunha lingua en si. Que alucinante é tamén o comezo... que veleno.