Jonathan que?? Xia, faltaches á asemblea, xa che vale. Mandeiche un mail contándoche o que falamos.
Rede Nasa
Amores Prohibidos 2.0
Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis.
-
Xiana:
Xa estou na casa, miña nai está un pouco mosqueada porque é tarde, e ademais veño pingando pola choiva... Pero dame ighual, aínda non baixei da nube de onte. Subín aínda máis se cabe. Por serto, o véxovos moi pouco atentos ao xogho que vos propuxen. Queredes saber con quen estiven?? Pois si, confésoo, fun dar unha volta en moto cun vello amigho de Ribeira que se chama Jonathan París...
8 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar