
Rede Nasa
Amores Prohibidos 2.0
Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis.
-
Xespir:
A festa xa rematou e foi un éxito, pero creo que non o vistes todo. Logo de ver que Romero non lle quitaba ollo a Xiana co baile de "Tola atrás de ti", os meus espías seguiron a Xiana ata os servicios da Pousada das Ánimas e puideron gravar o que alí aconteceu...
Gústalle(s) a 7 persoas







5 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar




