Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis.
Xespir:
Non. Rematou. Unha mágoa, pero todo ten a súa fin. Como autor podería fachendear de que a historia que se viviu estes días na Cachada é unha gran historia, e atribuírme todo o mérito. Pero declino esa honra en favor de todos os alumnos, alumnas, profesoras e profesores que participaron na realización da mesma. Con mención especial aos que encarnaron a Xiana, Romero, Baldo, Mejuto, Ana e Rossi.
Romeo e Xulieta, a verdade, non me quedou mal. Pero xa era hora de darlle un repasiño. Amores Prohibidos é o glorioso resultado. Cando menos máis comprensible porque ás veces, debo confesalo, váiseme un pouco a man co estilo.
Carapucha:
:__)
Eu, mentres non se mancaran eles, que cando os vin marchar na moto, pensei o peor, quedo moi contenta con este final!
ghanito:
Parabéns a todos, só se notou que podía haber mais orzamento no tema do sangue que estivo moito mais contido que na versión da época isabelina :-) Foi moi, moi divertido
Arantza Villar:
Parabéns!!!!!!!!!! Agardamos impacientes unha nova entrega!!!!!!!!!
Dale Arden:
Parabéns!
Un clásico pasado polas máquinas da Nasa era visto que ía ser xenial!
Enghanchados nos tivestes estes días, mimá!
Queremos máaaais!
Lulinho:
Parabienes, sodes una cracks
Lulinho:
Perdón, iso foi un corrector tonto do ipad
Repito... Parabens sodes uns cracks
Cholesky:
Parabéns. Foi unha experiencia moi bonita e emocionante. Fíxose moi curta polo que agardo se faga outra nova adaptación.
María:
Esta quedouche redonda, Xespir! Aínda que o de cambiar a frai Lorenzo pola benemérita, non sei eu... ;)
En serio, noraboa a tod@s! Xenial!
Paula García:
Grande Xespir! (:
Sara Hermo:
Acabou nas redes, pero para os que formamos parte da obra aínda lle queda moito para rematar.
E , bueno , non din que o cliente sempre ten a razón? , pois piden unha segunda parte, e nós querémola dar, así que aise que poñer mans á obra para intentar ter outra, por favor (:
E grazas a todos por seguirnos, de verdá , é un gran honor!
Patricia de Lorenzo:
Parabéns a toas e todos, especialmente aos protagonistas da historia e a toda a equipa de comunicación, produción e direción. E grazas ao profesorado porter colaborado cun proxecto.
Menudo formato! Un experimento cun resultado excelente.
Manuel_MV:
Un pracer, esperamos ter noticias de novas estreas moi cedo ;)
Nere Garcia y Eva Rivero:
Moitas grazas por deixarme disfrutar con este proxecto voso . Tíñasdesme totalmente enganchada . Eu falo os dous idiomas , cando as cicustancias así o requiren ou cando me peta . Eu nacín en Asturias e sempre digo que me considero asturiana de nacemento e galega de adopción , con isto vos quero dicir , que encántame a última reflexión de Xiana , que da o mesmo en que idioma se fale , o importante on as persoas pero anímovos a que mimedes o idima galego , porque é un dos máis bonitos . Por certo Rossy xa sei que o teu foi unha actuación , alégrome que non sexas así jaja , biquiños da miña parte. Pois iso rapazas e rapaces , enhoraboa polo traballo e que sepades que espero pola segunda parte eh?
Fernando:
Como um fã incondicial que tem seguido Amores Prohibidos desde o primeiro dia só podo dizer: OBRIGADO E PARABÉNS as actrizes e actores estiveram de 10, todo o alunado que trabalhou de fundo para manter a sensaçom dumha história viva e dinâmica merecem o maior dos aplausos. Obrigado à Rede Nasa e a todo o mundo implicado. :D
Orlophe:
De novo, parabéns! Foi genial todo.
isa:
PARABENS!!! Se hai algo que me emociona e me fai sentir ilusión por formar parte do colectivo docente é descubrir proxectos tan impresionantes como o de "Amores Prohibidos". Abrir un centro á comunidade, interesar aos rapaces e rapazas polas artes escénicas, pola literatura, facerlles tomar parte da súa realidade cun sentido crítico e facelos crer nos seus potenciais tedo en conta os seus intereses e inquedanzas ten que facervos sentir MOI ORGULLOSOS e SATISFEITOS deste proxecto.
GRAZAS POR ENSINARNOS A FACER PROXECTOS INNOVADORES, CREATIVOS E ALTAMENTE MOTIVADORES E GRAZAS A TODOS OS ARTISTAS QUE CREN NA EDUCACIÓN!!
:
Subscrevo todos os elogios e todos os parabéns precedentes. Que cousa tam bonita e tam bem feita! Foi realmente divertido e emocionante acompanhar (do primeiro ao último dia e na companha dos meus alunos e as minhas alunas de 3º E.S.O. no IES "Terra do Xallas" de Santa Comba) esta apaixonantíssima história. Muitíssimo obrigado a Chévere/RedeNasa por convidar-me a viver o fim de festa ai convosco. Foi todo um prazer e um autêntico privilégio. Muitos parabéns, repito e reitero, para todas e todos! Até a próxima! Até sempre! :-)
suslan:
Parabéns!! Un traballo incrible!! oxala que continue!!
:
Oi oi!! grazas Suso por nomearns!! é unha magoa que akavar oh ka d klases que perdiams ns remexendo nos vosos enredos pero buen... todo o bo remata!! Moi bo trabayo, ahora tamen se ye metiu na kavesa os nsos mestres de galego o cnto d como se lija en galego!! Avems d subir ns os nsos videos Ai ai que vergnziña!!! Dani Queroxe!!!
Suso Sanmartin:
Por nada, Laura. Já me explicarás hoje à tarde isso de "Pico" ;-)
Pico Rodríguez Bustelo:
Nombre do pobooo xa ves... e senon pregustalle a miña irmá no Merlejo... que xa me veu contando...non lle fales mal de min eeeeh :)