Carapucha:
Xi&Ro for presidents!
Rede Nasa
Amores Prohibidos 2.0
Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis.
-
Xespir:
Parece que esta historia chega á súa fin...
16 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar
susana:
eu os voto!
Berto Yáñez:
Vivide unha vida longa e chea de prosperidade
Carapucha:
Romero, aí, aí, nos medios de comunicación!
Xiana está tan nerviosa que case pon o casco do revés :)
Oscar Otero:
Onde vai o xiro inesperado no último minuto? Que apareza un alien ou algo!!
susana:
Pobre Xiana... é a resaca!
Carapucha:
Xespir, ese "parece" é moi ambiguo, queremodesabé!
Félix Pimentel Tubío:
Moi boa reflexión final a de Xiana. Certa como a vida mesma. Falar galego é unha elección, ao igual que falar castelán. Pero tamén é un dereito! E hai que exercitalo a miúdo!
Romano:
Ten razón Carapucha. Encántame ese "parece"! :)
Lola Iglesias:
Pedazo de actores! Falar galego é un dereito. E como dixo Castelao: " Se aínda somos galegos é por obra e GraSia do idioma!
PARBÉNS A TODAS E TODOS QUE LEVASTEDES ESTE XENIAL PROXECTO ADIANTE! MARABILLOSO!
mvizaguirre:
actorazos!!!! que feitiños, verdade?
ghanito:
Á Xiana víuselle que para sair por Santiago DC chegando o Ruta e mamandose con LK logo colleu prática, mais poñer o casco ben que lle custa ;-) (Ai!, teño que facer piadas para que non se me noten as bagoas enchendo os ollos)
Lulinho:
Esa Xiana!! Menudo espiche!
Tagago:
Bravooooo! o Espiche de Xiana que llo envien a Feijoo e a Galicia Bilingüe! que aprendan desta rapazada!!!
Fernando:
Que bonito, que bonito! Obrigado por este regalo que nos figechedes a todos durante esta semana :D
Orlophe:
Com moralina final, como no teatro de toda a vida :-) Gracinhas e parabéns, especialmente aos da Cachada, a experiência foi mesmo intensa!