Rede Nasa
Amores Prohibidos 2.0
Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis.
-
Xiana:
Xa estou na casa. Veño do posto da Gharda Sivil, que me estivo mareando con mil preghuntas e sermóns sobre os perighos do alcol, das redes sosiais e non sei que máis lerias. O caso é que me devolveron o móbil e xa estou outra ves conectada de todo. Non podo aghardar máis para ver a Romero. Por favor, que se poida quedar en Boiro, porfaporfaporfaporfaporfa...
3 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar