Rede Nasa
Amores Prohibidos 2.0
Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis.
-
Nai de Xiana:
Xa con Xiana, tróuxenlle o portatil para que vise todas as mensaxes de apoio e a que armastes. Está a flipar. Grazas. twitter.com/gonzlez_beln/s…
— Belén González (@gonzlez_beln) abril 27, 2012
Gústalle(s) a 2 persoas
10 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar
Xiana, xa vistes o vídeo de Romero? Ver viuno todo Boiro, jeje, e aínda estamos flipando... ;) Parabéns, aínda que me partise os fusiños parese bo rapás. Estamos desexando que chejes para resibirte como mereses. E tamén estamos presionando para que readmitan a Romero na Cachada. Cando volves a Boiro, hoxe?