Rede Nasa
Amores Prohibidos 2.0
Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis.
-
Baldo:
Xa vistes o que dixo Mariano. Para consejir o noso obxectivo desta vez temos que estar todos xuntos. Temos pouco tempo e hai que actuar. Quero pedirvos a colaborasión a TOD@S: jallejo e castelánfalantes, deportistas, das traíñas, do volley, os de Cabo e as de Boiro, jrandes e pequenos, do Tuenti, do Twitter, do Facebook... a todos e todas. Incluídas esas persoas que poñen dous ss no nome.
Todo o mundo, a unha:
TEÑEN QUE READMITIR A ROMERO, TEN QUE APARESER XIANA.
Gústalle(s) a 5 persoas
17 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar
asinado. Aí, a lanzar o dos dous eses no nome ;-)
Asinado!! a ver se rematan xuntos desta vez Xiana e Romero