Xabier Cid:
mmm pché...
Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Xron:Unha proba do cartaz. Que vos parece? Ten as letras tipo luminoso, unha referencia aos casinos que poderiamos imaxinar á beira dunha estrada perdida. Ten os dous tipos loitando, coas estrelas da bandeira europea, como alusión á situación actual de Europa. E son dous homes sen rosto, ocupado por dous billetes de euro, outra referencia a como os cartos e a economía se apoderan das nosas vidas (isto tamén é unha cita a un pintor galego desaparecido hai uns poucos anos a quen aprezabamos moito, F. García Varela, que a finais dos setenta pintou todo unha serie de cadros representando a aquela sociedade da Transición como homes traxeados que en lugar de cabeza tiñan diñeiro. Como se non pasaran os anos...)
Gústalle(s) a 2 persoas
2 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar
Patricia de Lorenzo:
Boto de menos a cor azul, igual nas letras ou no fondo ...