Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Patricia de Lorenzo:Esta semana estamos ensaiando por bloques, cada día engadingo máis escenas. Ao final facemos un pase e ao rematar chega o momento de escoitar as notas que foi tomando Xesús desde fora. Aclaracións, decisións ... Como ben di Iván, un dos perigos disto é "desenchufar" só un pouquiño.
Gústalle(s) a 1 persoas
Fai login ou rexístrate para poder comentar