Catalina Sanchez Luengo:
boa idea...kero velooooooooo
Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Xron:Para manter ocupados a todos os actores, probamos a montar unha escena con dirección asistida, facilitando aos actores os obxectos que precisan sobre a marcha, segunda van facendo falta, como aquel anuncio de balay que presumía de facilitarche a vida e poñía en escena a uns homes que andaban pola túa casa entregando calquera cousa que necesitases sen necesidade de pedila. Pois iso, pode ter gracia que teñamos varias persoas arredor nosa entregándonos e recollendo os obxectos que precisamos para facer a escena. A ver en que acaba!
Gústalle(s) a 2 persoas
1 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar