Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Xron:Estamos tratando de establecer un diálogo coa peli de Reservoir Dogs. Iniciar unha conversa entre a pantalla e o escenario. Entre o cine e o teatro. E non sabemos moi ben como empezar a falar. Así que o intentamos desde esta práctica de dobraxe que vedes neste vídeo. Actores de teatro, persoas que viven e traballan en Galicia, poñendo a voz a actores de cine, persoas que viven e traballan en Estados Unidos. Voces que escoitamos en directo, expresións e xestos que vemos na pantalla. Secuencia moi coñecida, escena que vemos por primeira vez. Unha conversa sobre "Like a Virgin" de Madonna que se converte nunha conversa sobre a princesa Europa da mitoloxía grega, outra virxe. Para concluír, por exemplo, que governar é a arte de repartir equitativamente a dor, ou non?
Gústalle(s) a 3 persoas
Fai login ou rexístrate para poder comentar