Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Xron:Tortura. Publicidade. Bancos. E internet. Unha impro de Borja sobre a tortura, na que usa o audio da publicidade coa que os bancos asulagan internet (andas á procura dun vídeo crítico coa situación política actual e acabas tragando un consello sobre como multiplicar os teus aforros, é dicir, como quedar sen un peso).
Gústalle(s) a 2 persoas
Fai login ou rexístrate para poder comentar