Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Xron:Miguel cóntanos como ve a composición do personaxe que fai Harvey Keitel en ReservoirDogs, cal é o seu xesto característico, como coloca os brazos, cal é a súa expresión, como se move...
Gústalle(s) a 3 persoas
Fai login ou rexístrate para poder comentar