Borja Fernández:
a min ver isto dame ganas de vivir
Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Arantza Villar:Hoxe foi un día completiño. Pola mañán, estivemos mergullados no que será a primeira escena da obra (que non intro; que non créditos). Despois dun breve xantar na Santa Sede, Iván deu as primeiras claves para montar unha escena de pelea... divertidísimo!!! (teño que recoñecer que sobreactúo moitísimo!!!!!). E xa a media tarde, as "chavalas" marchamos de tendas a probar parte do vestiario. E como non vai ser todo ostias, indignación, crise e ex-políticos incompetentes en Telefónica, aquí vos deixo unha raiola de sol da man de Carne Cruda 2.0 e The Beatles...
Gústalle(s) a 5 persoas
1 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar