Pepe Penabade
No ano 87 chega a Compostela, non a estudar, senón a traballar de eléctrico. Este mesmo ano apúntase a facer pasarrúas nos Domingos de Furabolos (domingos de títeres para os rapaces organizados pola asociación de titititeiros galegos). Daquí nacen Os Quinquilláns teatro de rúa cos que traballa ata o ano 99. No 2000 decide apostar máis polo teatro que polo voltio e nace Voltaedalle, compañía que actualmente coordina e na que traballa como actor. Dende o 87 até hoxe ten participado como actor en máis de dúas ducias de espectáculos teatrais de distintas compañías, e mais ou menos noutras tantas producións audiovisuais (teleseries, cinema, curtas,documentais…). Atrezzo e inventos para teatro ou audiovisual son outra das facetas que leva desenvolvendo ao longo deste tempo.