Iván Marcos
É un bó rapaz. Un pouco serio... pero se falas con el resulta que lle vai bastante a coña tamén. Esta formado, le libros, fala inglés... Estivo por aí, por Inglaterra, por Europa adiante. Fixo unha chea de cousas; estivo na escola do Phillipe Gaullier, "estudou" circo, e seica tamén estivo nunha facultade facendo "coreografía". Vamos, que lle da o baile. E tamén sabe de artes marciais... aprendeu nos dojos, nas pelis de Bruce Lee e no barrio a partes iguais. É "novo", vamos, que aínda ten o pelo todo, pero traballou como actor e bailarín en moitas cousas xa; no teatro, no cine, na tele... algunhas desas cousas foron feitas por el mesmo, noutras traballou como intérprete, algunhas delas foron boas (gañou premios e tal) pero unha parte ben grande foron bastante malas. Aproveitando a crise como escusa, volveu a Galicia, por iso, porque ten sentido do humor e porque lle vai a caña.