Borja Fernández
Chegou a Santiago no ano 95 a estudiar H. da Arte, pero cambiou a súa licenciatura por un nariz de paiaso. Curtiuse durante anos nos bares, ultranoites e festas do circo e foi cofundador das compañias Belmondo, Pistacatro e Arrepentimentos de padrón. Foi experimentando nos diferentes paus das artes escénicas ate que volveu ao seu punto de partida: a música, que lle ven de familia, e uniuse ao grupo de rock absurdo vigués Es un Árbol, do que é frontman dende o ano 2005. Actualmente orbita en proxectos de artes escénicas e colabora con diferentes artistas e plataformas, coma Metamovida, Voadora ou , agora mesmo, Chévere.