Arantza Villar
Cando era nena soñaba con ser cantante. O destino acabouna poñendo enriba dos escenarios, pero como actriz. Despois de licenciarse, estudou interpretación e baile flamenco (adora bailar!!!). Sempre que pode, toma algunha clase de danza contemporánea, disciplina que lle encanta pero da que admite ser unha perfecta aficionada. Os seus primeiros traballos escénicos comezaron no Teatro Universitario e con colectivos vinculados ao circo e cabaré compostelanos. A finais de 2005, consegue o seu primeiro contrato profesional e desde aquela traballa con diferentes compañías de teatro galegas, Nut Teatro e Pistacatro Produtora de Soños, entre outras. Nos últimos anos, anda enleada en diversos proxectos da compañía Chévere (Ultranoites, producións teatrais, teatro científico,...), aínda que segue colaborando con outros artistas sempre que ten ocasión. Por certo, din dela que fai uns brownies e biscoitos marabillosos!!