Xornadas de Gastronomía Asiática
Relacionadas coa exposición de arte asiático “Asia Magna: Japón eterno, cruce de Camiños” que se pode visitar no mesmo Pazo dende o pasado mes de xullo, propoñemos unhas xornadas gastronómicas de diferentes países deste continente. India, Tailandia, Indonesia e Xapón.
Un gran plan para as “sesións vermout” dos domingos de verán.
Estas demostracións estarán impartidas por un chef de luxo: o xefe de cociña e formador Mark Wernink.
Complácenos ademáis poder informar que tanto a exposición “Asia Magna: Japón eterno, cruce de Camiños”, que xa conta co apoio de Casa Asia, Casa Japón Galicia e Yes Tokyo, como todas estas actividades culturais a desenrollar foron seleccionadas pola Embaixada de Xapón en España como Actividades Oficiais para a Celebración dos 400 Anos de Relación entre Xapón e España, que se está a celebrar este ano xunto co Ano dual España-Xapón 2013-2014.
Os días dos eventos son:
Domingo 10 de agosto - Cociña India
Domingo 17 de agosto - Cociña Tailandesa
Domingo 7 de setembro - Cociña Indonesia
Domingo 14 de setembro - Cociña Xaponesa
Coma sempre, o prezo da entrada inclúe ademáis do obradoiro e degustación dos pratos preparados, a visita guiada ao Pazo do Faramello e tamén á exposición de arte "Asia Magna"
-
(11:30h.)
Pazo de FaramelloPazo do Faramello s/n, 15980 Rois(11:30h.)
Pazo de FaramelloPazo do Faramello s/n, 15980 Rois -

Pazo de FaramelloPazo do Faramello s/n, 15980 Rois