Unha... Dúas... Tres... Que conto é o que ves?
Paper Dolls é un proxecto peculiar e experimental que consta dunha obra de teatro + un documental sobre o propio proceso de creación da peza que sempre acompaña ás representacións. A obra está dirixida por Lola Correa e conta coas actrices Vanesa Sotelo e Marta Pérez. O documental tén como director a Manu Paz e nel ponse de manifesto como é un proceso de creación dunha obra de teatro; desde os aspectos máis artísticos para montar unha escena, ata as dificultades e traballos propios da produción. A peza teatral dura 50 min e o documental 30 min, co que temos un espectáculo de 80 min.
O PAPEL DA MULLER: A idea do papel como material, como concepto, como idea e tamén como actitude de submisión. A muller asume roles-papeis continuamente pero non se aborda esa cuestión. Mantense a idea de que a estas alturas hai cousas que xa non será preciso revisar, quizáis sería convinte revisalas pero non é o caso porque facéndoo o único que se consegue é darlle voltas ao mesmo continuamente e iso é o que non nos permite avanzar nin como mulleres nin como seres humanos.
+info: http://www.inversateatro.com/
Unha crítica da obra aquí.
[youyube]KRh0p0aLHJs[/youtube]
-
(10:36h.)
-
(10:36h.)