Ultranoiteo CON ULTRABÚS
Aquí só poderás mercar entradas CON ULTRABÚS DE IDA E VOLTA á Ramallosa (Teo).
De novo poñemos en marcha o servizo de buses da Ultranoite, o único espectáculo teatral que ofrece un servizo de transporte colectivo para o público. Unha liña que conecta culturalmente Santiago de Compostela e o concello de Teo, onde Chévere exerce de compañía residente grazas ao apoio desta aldea gala, unha comunidade de auténtica acollida cultural.
Se queres usar este servizo tes que mercar a entrada por adiantado aquí en internet coa opción Entrada CON Ultrabús, ou directamente no café SCQ en Compostela, rúa das Orfas. No momento de acceder ao bus terás que mostrar a entrada ou o resgardo da compra por internet.
O bus sae ás 21,15h. da parada da Rúa da Rosa en Compostela, con destino ao CSC da Ramallosa en Teo. Ao rematar a obra (arredor das 00,15h.), o bus realiza o mesmo traxecto en sentido inverso ata a Rúa da Rosa. O custe deste servizo esta co-patrocinado por A Santa Sede.
Aproveitando a ponte do Primeiro de Maio, a Ultranoite renova contidos e números pegados a unha actualidade convulsa e pre-electoral e convoca a artistas, público e demais habitantes do ecosistema cabareteiro a esta nova Ultranoite en Teo (só en Teo).
Atención ao horario: comezamos ás 22,00h. (dez da noite!).
-
(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.