Ultranoiteo
Vinte anos despois de aparecer este topónimo no teatro galego, a Ultranoite, revista radical da actualidade, volve aos escenarios unha vez máis coa chegada do outono. Seguindo os debates, as polémicas e as cancións do verán estamos centrando os números da ultranoite en temas como o inevitable "relaxing café con leche" e as candidaturas olímpicas 2020 vistas por mascotas veteranas, a batalla dialéctica polo Peñón e as chamadas de teléfono de Mariano, as tribulacións da infanta Shakira de Borbón, a carreira electoral da Merkel en Alemaña ou a proximidade da lei do aborto. Pensamos titular esta Ultranoite "Dimisión imposible" porque aquí non dimite nin dios pase o que pase, pero nestes últimos días foi cobrando forza o concepto de "Relaxing Ultranoite". E ademais estamos preparando a volta da Década cun novo repaso mix á actualidade con fondo de musical de Broadway, onde caben desde o debate homofóbico ruso ata as polémicas touradas en Galicia, a marca España, o fin de crise, o cara al sol de Baralla e o inefable Bárcenas...
Coa participación de Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Mónica García, Arantza Villar, Iván Marcos, Xron, Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián, e a colaboración especial de Cristina Balboa e o grupo Triatreiros de Vigo.
Venda adiantada de entradas tamén en: A Santa Sede (Ramallosa), A Senra (Pontevea), A Capilla (Calo) e m* café (rúa Fonte de Santo Antonio, Compostela).
No CSC da Ramallosa o día da actuación a billeteira abrirá ás 21,30h., poñéndose á venda un lote de 25 entradas máis as sobrantes da adiantada.
-
(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.