Ultranoite no País dos Soviets
Cambio de plans por mor da chuvia prevista para mañá: A Ultranoite pasa para o Auditorio de Galicia ao non poder garantirse a montaxe técnica na praza da Quintana. O inicio da Ultranoite pasa ás 23,00h. para poder facer a tempo a montaxe dos medios técnicos, que non se pode comezar ata ás 16,00h.
As entradas para a Ultranoite están esgotadas. Quen mercou por internet pode retirar as entradas na billeteira do Auditorio a partir das 22,00h. entregando/mostrando o resgardo que recibiu por mail.
Haberá un bar habilitado dentro do Auditorio (pero non se poden pasar bebidas á sala). E a apertura de portas para coller sitio será ás 22,30h., xa que as entradas non están numeradas. O espectáculo dura aproximadamente 2 horas e haberá un descanso.
Hai exactamente catro anos, en agosto de 2011, celebrouse na Quintana a Ultranoite dun Soño de Verán. Ese soño de verán foi a Nasa, un soño compartido durante 20 anos e forzado a desaparecer antes de converterse nun pesadelo. E esa Ultranoite no corazón mesmo da cidade foi a mellor despedida imaxinada para a Nasa. Un acto de autoafirmación colectiva, un xesto de desobediencia cultural e unha das festas teatrais máis radicalmente emotivas que puidemos vivir en case 30 anos dedicados a isto da cultura en Compostela.
Mas aquela noite tamén marcou o inicio doutro soño. O de resistirse a aceptar as cousas como son e permanecer cos ollos ben abertos ata poder ver que entre todos podemos mudalas. Pode parecer que transcorreu unha inmensidade dende aquela noite de agosto de 2011 e só foron catro anos que o estragaron todo. Agora a Ultranoite volve á Quintana para saudar ao futuro. E xa que nunca conseguiron que perdéramos o humor, agora imos facer del un arma de construción masiva.
O traballo do persoal artístico e técnico deste espectáculo finánciase só coa recadación das entradas vendidas.
Coa participación de Patricia de Lorenzo, Xron, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Mónica García, Arantza Villar, César Goldi, Iván Marcos, Xacobe Martínez Antelo, Manuel Cebrián, Max Gómez, Serxio Zearreta, Carlos Santiago, Antón Coucheiro e Os da Ría. Técnicos: Xurxo Pinheiro, Fidel Vázquez. Organiza: AC Cidade Vella, Festival Feito á Man.
As entradas están xa á venda aquí a 12€
A partir do día 12 de agosto entradas tamén á venda en:
A Casa das Crechas (Vía Sacra, nº3)
A Gramola (Praza de Cervantes, nº10)
A Reixa (Trás Salomé, nº3)
Atlántico (Fonte de San Miguel, nº9)
Borriquita de Belém (San Paio de Antealtares, nº22)
Camalea (San Martiño Pinario, nº4)
Embora (Tras San Fiz de Solovio, nº 2)
Fraggle Rock (Rodas, nº17)
Literarios (Praza da Quintna, nº1)
Modus Vivendi (Praza de Feixóo, nº1)
Momo A rúa (Virxe da Cerca, nº23)
Ultramarinos (Casas Reais, nº34)
-
(23:00h.)
Auditorio de GaliciaAvda. Burgo das Nacións s/n. 15705 Santiago de Compostela.(23:00h.)
Auditorio de GaliciaAvda. Burgo das Nacións s/n. 15705 Santiago de Compostela.