Ultranoite no FIOT Carballo
A Ultranoite segue ampliando o seu mapa e chega a Carballo por primeira vez da man do FIOT e dentro da programación da XV edición da Rúa dos Contos. Ademais, descubriremos un novo escenario, no segundo andar do Mercado Municipal. Agardámosvos!
http://www.fiot.org/info_actividades.php?id=31&idioma=gl&sec=5
Vinte anos despois de aparecer este topónimo no teatro galego, a Ultranoite, revista radical da actualidade, volve aos escenarios unha vez máis coa chegada do outono. Seguindo os debates, as polémicas e as cancións do verán estamos centrando os números da ultranoite en temas como o inevitable "relaxing café con leche" e as candidaturas olímpicas 2020 vistas por mascotas veteranas, a batalla dialéctica polo Peñón e as chamadas de teléfono de Mariano, as tribulacións da infanta Shakira de Borbón, a carreira electoral da Merkel en Alemaña ou a proximidade da lei do aborto. Pensamos titular esta Ultranoite "Dimisión imposible" porque aquí non dimite nin dios pase o que pase, pero nestes últimos días foi cobrando forza o concepto de "Relaxing Ultranoite". E ademais estamos preparando a volta da Década cun novo repaso mix á actualidade con fondo de musical de Broadway, onde caben desde o debate homofóbico ruso ata as polémicas touradas en Galicia, a marca España, o fin de crise, o cara al sol de Baralla e o inefable Bárcenas...
-
(21:00h.)
Mercado Municipal de Carballo, 2º andarRevolta, 1 15102 CARBALLO(21:00h.)
Mercado Municipal de Carballo, 2º andarRevolta, 1 15102 CARBALLO