![Ultranoite Anuario 2010](/scene/uploads/$eventos/imaxe/4d022ddc2fb455.36824874.jpg?options=resize%2C800%2C%2Ccenter%2Cmiddle)
Ultranoite Anuario 2010
Máis info sobre a compañía aquí.
Unha creación de Olga Cameselle, Alfredo Rodríguez, La Canalla, Gena Romero, Santiago Cortegoso, Ignacio Muñoz, Salvador del Rio. Interpretación: Olga Cameselle, Alfredo Rodríguez, Ignacio Muñoz. Dirección: Olga Cameselle, Alfredo Rodríguez. Adaptaci´n: Santiago Cortegoso. Escenografía: Pablo Giráldez. Deseño de son: Ignacio Muñoz. Iluminación: Ningures. Vestiario: La Canalla. Música: Ignacio Muñoz. Coreografía: Olga Cameselle. Duración: 55 minutos.
Disque Danza comeza a súa andaina en 2003 en Vigo como consecuencia da disolución de Dobre Xiro Danza, sendo aínda a cía profesional de danza contemporánea con máis percorrido temporal e de produción no sur de Galiza. A formulación de Disque Danza dende o seu comenzo é traballar e colaborar con outras expresións artísticas e abrirse á experimentación da man de intervencións en espazos non escénicos e de encargos concretos. Na actualidade forman parte de Disque Danza: Carmela Bueno, Olivia Maté, Leticia Alfaya e Olga Cameselle, que é a súa directora. Colaboradores habituais da cía, aportando as súas creaións artísticas son entre outros: Xoan Anleo, La Canalla, Andrea Costas, Alfredo Rodríguez, Salvador del Río, Nuria Gullón,...
Dous seres humanos en escena. Sábense humanos, pertencentes a esa especie ou cando menos lémbranse diso. Un aquel fai que se vaian confrontando entre eles na procura de lembrar cómo chegaron aquí. Son un e unha, isto é relevante? Cando non lembramos o noso pasado, perdememos a nosa identidade? Cando non lembramos a onde se supón que queremos ir e cómo queremos ir, facémolo dende algunha clase de identidade? Cando o entorno rexeita a propia colocación momentánea, perdemos a nosa identidade respecto do colectivo? Cando non sabemos xa cómo conquerir a felicidade, é resultado dun puro proceso electro-químico-xenético ou é o resultado dunha bagaxe histórica non superada? En fín, tantas preguntas.... Tantas posibles respostas...
-
(14:37h.)
-
(14:37h.)