Ultranoite Antolóxica II
http://www.diosketecrew.com
Produtores: Mou e Croma (A.K.A. Fredi). MC’s: Jamas, García, Sokram e Mou. DJ’s: DJ Murdok. Escritores: Osiris, Kerg, Sekone, Sont, Aiser, Gum, Sokram e Mou. Beat Box: Mou. Breakers: InTheCisos Crew.
DIOS KE TE CREW presenta na Sala NASA de Compostela un novo e probablemente irrepetible show no que poderemos ver como o rap contundente dos seus catro MC´s (JAMAS, MOU, GARCÍA E SOKRAM) se mestura coa potencia dos sons da recoñecida banda de metal MACHINA e coa experimentación da electrónica do productor CROMA nos aparatos. Aos pratos estará coma de costume manexando o cotarro o veterano DJ MURDOCK e na parte plástica contan coa impresionante destreza de SEKONE pintando en directo no mesmo escenario.
Ademáis de todo isto traennos máis sorpresas, pois contarán coa colaboración de invitados de excepción coma Hevi (MALANDROMEDA), Manu Paino (GALEGOZ) aos ventos , e algunha que outra novidade máis...
Pra telonear a festa, contán con DJ MIL, un compostelán que é toda unha promesa do turntablism e que seleccionará a millor música pra abrir a noite, de seguido xusto antes dos anfitrións poderemos ver á prometedora banda de rap ALTO ASALTO, presentando o seu primeiro longa duración titulado "Cultura humana", producido en grande medida por MOU de DKTC.
Orde de actuacións:
- DJ MIL
- ALTO ASALTO
- DIOS KE TE CREW E A MAKINA DO DEMO
DKTC é un colectivo de hip-hop. Fan rap. Fan graffiti. Fan break. Fan beat box. Fan scratch. Fan bases, samplean, secuencian, gravan, mesturan, masterizan, deseñan, editan e mesmo distribúen ás veces. Fan exhibicións e obradoiros de graffiti, de rap, de break, de turntablism. Fan hip-hop, e nas súas actuacións xuntan todas estas artes no escenario para facelo, para facer hip-hop.
O colectivo formouse en Ordes en 2003, a partir de experiencias previas como 5Talegos e Ghamberros. As súas primeiras cancións déronse a coñecer como banda sonora de curtas, como O Derradeiro, incluida no filme colectivo Hai Que Botalos. O seu primeiro disco foi “Xénese”, publicado no 2006. Dende entón actuaron en todo tipo de festivais e concertos, acompañando a outras bandas de hip-hop, cantando sempre en galego e contando a súa visión da realidade cultural, social e política. Agora están presentando o seu segundo disco, unha recopliación de varios anos de investigación, creacións musicais, remisturas e encontros con outros artistas do hip-hop, na que atoparás rock, jazz, música clásica, funk, electrónica experiemntal e, por suposto, a vella escola do hip-hop.
-
(13:50h.)
-
(13:50h.)