Ultranoite
Formando parte das actividades especiais para celebrar os 25 anos da compañía Chévere, a Ultranoite trasládase a Lugo no mes de xullo, a unha carpa instalada nos xardíns da Deputación de Lugo, institución que patrocina esta incursión cabareteira no verán lucense.
Para unha ocasión tan especial empaquetaremos como se merece algúns número lendarios da Ultranoite e tamén outros máis recentes. Desde as míticas Cheverovas ata a Empresa máis feble. Por suposto, veremos a Dorribo amosando as súas habilidades de blanqueo en xeral. Cantarase á gloria de "la Roja", ás preferentes e aos recortes e Os da Ría poñerán o punto final co seu tono máis festeiro e galegueiro. A entrada é de balde.
Participan: Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron, Mónica García, Arantza Villar, Tomás Lijó, Carlos Meixide. Música ao vivo con Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián. Técnicos: Andrés e Fidel Vázquez.
-
(21:00h.)
Carpa da Deputación de LugoXardíns da Deputación de Lugo(21:00h.)
Carpa da Deputación de LugoXardíns da Deputación de Lugo