UL / Inmérita solitudo
A Sala Nasa abre a nova tempada con JC Brooks & The Uptown Sound, un grupo que vén directamente dende Chicago e comprométese a facer bailar ao público custe o que custe. Este concertazo é de balde e coincide coa maioría de idade da Nasa, que este setembro cumple 18 anos. Achégate e comeza o curso con nós!
JC Brooks (voz); Billy Bungeroth (guitarra); Kevin Marks (batería); Chris Neal (saxo tenor, teclados); Ben Taylor (baixo); Andrew Zelm (Trombón).
Descrito por The New York Times como "glorioso Neo-soul", o seu son é unha mestura explosiva da paixón soul dos anos 60, a enerxía do punk dos 70 e o espírito ecléctico da música contemporánea.
Formados no 2007 no barrio de Uptown de Chicago, unha zona coñecida pola súa comunidade de inmigrantes e refuxiados, o guitarrista Billy Bungeroth, o batería Kevin Marks e o baxista Ben Taylor achegan unha feroz base para os alaridos soul de JC Brooks. Fillo dunha raíña do soul de Jersey, JC Brooks posúe un estilo totalmente entregado enriba do escenario, que non lle deixa ao público outra opción máis que bailar.
Brooks noquea ao seu público con paixón e emoción desgarrada , mentres o ataque post-punk de The Uptown Sound actualiza o modelo groove dos MG's e os JB's, o que produce pura e implacable música soul que vai dende sudorosos temas compactos, meneos de cadrís dance punk, trallazos de garaxe e sentidas baladas R&B sen perder o ritmo en ningún momento.
JC Brooks no son outro grupo retro más, xurdiron nunha época de conflito armado e manifiestan o seu estilo de música de baile militante con letras que van alén do típico "baby, baby".
No último año, el grupo encheu o Hideout de Chicago catro veces, colaborou con un diverso elenco de heroes da súa cidade natal, como Syl Johnson e o batería de Tortoise Dan Bitney, e foron elixidos como "Mellor Grupo do 2008" polo Chicago Tribune. Arrasaron unha e outra cidade do Midwest e na primavera de este ano xiraron pola Costa Leste. Tamén foron a banda permanente do Numero Group's Eccentric Soul Revue na sala Park West de Chicago, compartindo escenario de novo con Syl Johnson e outras lendas locais como Renaldo Domino, the Kaldirons, Nate Evans e The Notations.

-
(12:16h.)
-
(12:16h.)