The Vault of...
ttp://www.myspace.com/thestemsau
Os camiños de Dom Mariani e Richard Lane cruzáronse hai un lote de anos, para dar á escena musical australiana un dos seus grandes nomes: The Stems, que na década dos 80’s estivo en boca de todo o mundo, xunto a bandas que xa son clásicas como Radio Birdman, Saints, Lime Spiders, Hoodoo Gurus e demais bestas enchoupadas en Bourbon que facían soar o rock and roll dun xeito moi particular. The Stems mesturaban os sons máis infectados do garaxe punk cos “crochet” de guitarras melódicas, dando como resultado unha colección de cancións inesquecibles entre o cheiro a gasolina e o pop con carácter. Dende a disolución de The Stems en 1987, a súa música foi obxecto de culto en numerosas antologías, mentres os seus componentes iniciaban outras aventuras musicais, Dom Mariani en Someloves; Richard Lane e Gary Chambers en Chevelles. En 2003 The Stems volveron xuntarse recuperando o nome orixinal para unha serie de eventos, e xa levan sete anos xirando por todo o mundo. Pero esta é a súa xira de despedida definitiva dos escenarios.
-
(19:04h.)