That's The Story Of My Life
The Dustaphonics (Healer Selecta's Rockin'band) é a nova banda de Healer Selecta (A.K.A Yvan Serrano Fontova), Dj, produtor, músico e fundador do lendario colectivo Londinenese Raison D'tre, que leva funcionando en Londres máis de 10 anos apadriñado por figuras míticas do R&B, soul e R'N'R como Bo Diddley, Spanky Wilson,Wanda Jackson e a mesmísima Tura Satana, que lle pon letra a unha das cancións do seu primeiro 45,s para o selo Dirty Water.
Sobre Yvan Serrano (Healer Selecta) escríbese moito e ben na escea londinense. Ben sexa cos seus proxectos paralelos (Healer’s Selecta Sound System) ou como Dj, abrindo espectáculos para Wanda Jackson, Loussisana Red, Bo Diddley, Jazz Cafe, Las Vegas Grind,Wild Weekend, etc... con Healer Selecta a festa sempre está asegurada.
The Dustaphonics son unha apisonadora de R'N'R, con poucas fisuras; mesturan soul, R&B, surf, garaxe... practicamente sen despeinarse, con solvencia, clase e unha actitude demoledora encarnada na figura do seu cantante, unha auténtica real rockin´singer.... pura dinamita para os ollos e oídos.
Para o seu primeiro 45,s con Dirty Water Records, gravado nos estudios de Liam Watson, contan coa colaboración dalgúns dos músicos máis reputados das illas como Bruce Brand (Milkshakes), Snowboy á percusión, John Gibbs (The Masonics) e a mesmísima Tura Satana (amiga persoal do grupo), que asina do seu puño e letra un dos temas do single Burlesque queen, cuxa cara B é unha versión impecable e arrolladora de The Giants.
-
(21:30h.)
-
(21:30h.)