SoundPaintingTeo na Feira da Terra-Festeo de Francos (Teo)
O domingo 11 de xuño, volve a festa da veciñanza de Teo á carballeira de Francos en Calo. O Festeo e a Feira da Terra trean á carballeira unha manchea de actividades para persoas de todas as idades. Este ano Chévere participará facendo unha presentación de SoundpaintingTeo, a orquestra de improvisación formada por persoas usuarias de Aspamite e artistas vencellados con Chévere. Será sobre ás 18,00h.
https://www.teo.gal/gl/actualidade/2017/o-11-de-xuno-volve-francos-o-festeo-e-feira-da-terra
Sound Painting Teo é o máis recente proxecto de colaboración de Chévere co tecido asociativo do Concello. Trátase dun programa de inclusión social a través das artes escénicas participado pola Asociación de Pais de Nais de Persoas con Discapacidade Intelectual do Concello de Teo (ASPAMITE) para crear un colectivo local de improvisación segundo a técnica do Soundpainting.
Soundpainting Teo realízase dentro das actividades do programa de residencia de Chévere no concello de Teo e comezou a funcionar no mes de outubro de 2016. Está coordinado polo músico e compositor Xacobe Martínez Antelo, e conta coa participación de Patricia de Lorenzo, Arantza Villar e Borja Fernández como artistas residentes.
-
(18:00h.)
Carballeira de San Martiño Francos (Teo)Carballeira de San Martiño Francos-Calo 15866 Teo(18:00h.)
Carballeira de San Martiño Francos (Teo)Carballeira de San Martiño Francos-Calo 15866 Teo