Sinestesia + Strabismo
En escena: Rut Balbís, Daniel Caballero, Gemma Galera, Iker Gómez. Video músicos: Nerea Alberdi, Kepa Elgoibar, Dani González, Iago Molly, David Sánchez. Dirección/ Video/ Coreografía: Iker Gómez. Música: Bigorringo. Concepto escenográfico: DV_Dance Art. Deseño de luces: Amador Comensal. Produción executiva: Cristina Alonso. Coprodución: Mercat de les Flors, AREAtanget e ConCA. Soporte: La Caldera, Perrote Produce, Fabra i Coats, Festival LOLA, Teatre de l´Aurora..
Compañía de Teatro Físico fundada no 2007 co soporte de AREAtangent e liderada
polo coreógrafo e videorealizador Iker Gómez. Desde a súa formación a compañía realizou tres producións escénicas de longa duración, usando en todas elas o mesmo común denominador: danza, música en directo, teatro, vídeo escénico e unha inevitable dose de humor. Dúas das producións estiveron no Circuito Nacional de Danza da RED de Teatros Alternativos. A compañía participou en diferentes Festivales como Temporada Alta, Festival BAD, Festival LOLA ou o Festival EN-transito e en paises como Bulgaria ou Grecia.
Unha peza con danza, teatro físico, dobre video escénico e vídeo-musical; toda unha conferencia en escena sobre o AMOR TOTAL. Apple Love está executado por un cantante, dúas bailarinas e cinco video-músicos, que son o equipo asistente do personaxe principal: un investigador que anda á procura do amor total. Cando se fala de amor total, quérese falar do amor omnipresente que respiramos no ambiente, da estética mediatizada do amor, dun amor fresco e de consumo rápido, dun amor cliché e fantasma, das pequenas doses de pílulas que consumimos diariamente: unha balada heavy, unha telenovela, a publicidade dunha axencia de contactos, unha revista rosa, un documental sobre o apareamento dos paxaros, a website dun famoso onde chateas co teu ídolo...
O amor total e a conquista e consumo dese obxecto de desexo fantasmático que emiten sen descanso os medios de comunicación de masas. Un amor de accesibilidade inmediata, pero desposuido do corpo, como unha criatura fantasmal do desexo. Un amor negado como corpo e insistentemente ofrecido como imaxe. Un amor do que todo o mundo fala, ao que todo mundo aspira, sen importar que se produza lonxe do plano da realidade. Un amor demandado por unha brutal necesidade, pero que é esquecido tan axiña como se consuma. Un amor que necesita ser cada vez máis fascinante, máis total.
+ info Apple Love
-
(13:50h.)