Sesións vibracionais TPS
Creadores-performers: Diego Anido, Martí Sánchez Fibla, Álex Serrano e Pau Palacios. Idea orixinal: Álex Serrano, Pau Palacios. Produción, axudante de dirección: Barba Bloin. Aplicación interactiva de vídeo: Martí Sánchez Fibla. Realización de vídeo: Josep Maria Marimon. Construción de máscaras: Silvia Delagneau. Asesora científica: Irene Lapuente. Asesor proxecto: Victor Molina. Unha co-produción da Agrupación Señor Serrano e o Festival Hybrides de Montpellier e a colaboración do Centre National des Écritures du Spectacle (Aviñón) e do Stalker Teatro (Turín). Agrupación Señor Serrano é unha compañía residente no Centro para o desenvolvemento das Artes L'Estruch de Sabadell.
Que teñen en común Auschwitz e as extincións masivas do Paleozoico? Hai algunha diferencia entre unha catástrofe natural e unha catástrofe natural provocada polo home? Un tornado estragando un bosque é coma unha marea negra? Un home asasinando a outro é unha catástrofe natural? En Katastrophe, ducias de osiños de goma Haribo, catro violentos performers, varias erupcións volcánicas, unha chuvia aceda, terrremotos, asolagamentos, glaciacións, mareas negras, incendios, explosións nucleares, algunha guerra e un xenocidio executados ao vivo serven para formular estas preguntas de maneira poética e contundente.
A Agrupación Señor Serrano é unha compañía que aposta pola innovación nas súas creacións escénicas. As súas pezas poñen en escena recursos procedentes da danza, o teatro visual, a performance e o vídeo interactivo, xuntos arredor de dramaturxias que se apoian na experimentación e a mestura de linguaxes. A Agrupación Señor Serrano ten a súa sede en Barcelona, pero as súas pezas poden verse en distintas cidades de España, Galicia, sur de Francia e norte de Italia.
Trailer do espectáculo
Work in progress
-
(10:53h.)