Sesións Vibracionais
Tes morriña dos entrañables pallasos da tele?
Se queres mergullarte nun soño de fantasía. Un mundo cheo de cor e ilusión. Se queres ver unha bonita historia de amor. Se queres chorar de emoción...
Non nos veñas ver!
Porque estamos como cabras, somos quen de facer calquera cousa e non nos importa nada.
Xa non existe risa inocente, e con total inocencia buscamos a risa nas situacións máis extremas da violencia.
Como personaxes dun cuadro de Caravaggio, Puncha e Goza serán os teus guías nun museo de risas e violencia. Maxia, circo e música son a paleta de cores que a pintora usou para dar vida a estes personaxes de cartoon. Nunha atmosfera do máis burtoniana as imaxes estouparán na túa cara como unha bomba de reloxeiría.
-
(21:30h.)