Seráns da Nasa
A Corporación Perrins amosa ante a comunidade científica o seu descubrimento sobre o novo paso evolutivo: o homo sapiens sapiens sapiens.
O experimento consiste en inocular a cobaias humanas con ADN “enriquecido” para demostrar os cambios xenéticos que aporta no novo ser humano, pero unha cobaia rompe coas súas estatísticas, e os doutores tratarán de demostrar por todos os medios as súas delirantes hipóteses.
Con influenza do cinema de ciencia ficción, o humor negro e a mestura de linguaxes escénicas, o equipo creativo, composto por profesionais do novo circo, a danza, o deseño, o clown, e as artes audiovisuais, crea o espectáculo Sapiens Sapiens Sapiens, producido por Pistacatro Produtora de Soños S.L baixo a dirección artística da compañía Arrepentimentos de Padrón
O novo espectáculo dos Arrepentimentos de Padrón é unha historia dramática contada cos recursos cómicos do clown, o teatro físico e a proxección audiovisual.
Antón Coucheiro e Borja Fernández fundaron no 2002 a compañía de clown Arrepentimentos de Padrón. O seu espectáculo “Sin título” obtivo o premio ao mellor espectáculo no Festiclown dese mesmo ano e xirou ata o 2005 por festivais, teatros e prazas de España, Portugal, República Checa e Mozambique.
En 2006 formaron con outros cinco artistas a produtora de espectáculos de Novo Circo
Pistacatro S.L.
-
(12:51h.)