Seráns da Nasa
Creación e dirección e interpretación: Sergi Fäustino. Deseño e técnico de luces: Edu Bolinches. Web-blog Sergi
Púxenme a falar de música e acabei falando de min. E fun o primeiro en sorprenderme porque esa non era a miña intención e porque realmente non me gusta moito falar de min. Pero foi así e agora imos seguir adiante. A miña intención, cando me puxen a falar de música, era falar de todo o que rodea a música, daquilo que a música provoca, da súa onda expansiva, ben sexa en forma de lembranzas, de identificación dun xeito de ver a vida, de conexión cuns sentimentos… Pero acabei falando de min. E agora pregúntome se non era inevitable. Supoño que cada un establecemos unha relación estritamente persoal coa música, e se queremos falar desa relación teremos que pasar polo persoal. Pois iso.
Hola, son Sergi Faustino. Empecei a miña formación no Club Marítimo de Barcelona entre 1991 e 1992, logo continuei formándome no acuartelamento militar “Sancho Ramírez” de Huesca durante todo o ano 1993, para seguir no centro socio-sanitario de atención á terceira idade “Clínica de la Barceloneta” entre 1994 e 1996, e acabar (ainda que a formación nunca acaba) na S.N.D.O. (School for New Dance Development) en Amsterdam, entre 1996 e 1999, pero a deixei a medias: eran 4 anos e eu fixen 3. Traballei como actor e bailarín en compañías importantes pero quiteinas do currículum porque non me gustan e non quero que me relacionen con elas. Teño estas pezas feitas:
Las putas destrjen el ombre Solo – investigación de cualidades de movemento. 20min. Este ten xa os seus aniños… Nutritivo Solo-performance sobre sangue, morcillas, black metal e coches “preparaos”
La historia de Mª Engracia Morales Espectáculo para unha actriz de 78 anos e dous actores de 45 e 31 respectivamente. El Cremaster de los cojones Performance teatral malentendida. F.R.A.N.Z.P.E.T.E.R. Espectáculo que se presenta como unha charla/concerto/conferencia arrededor da figura de Franz Schubertv. De los condenados. Duques de Bergara, unplugged. Zombie. C60
-
(09:37h.)