Sapiens Sapiens Sapiens
No Way Out estará na Sala Nasa o día 6 presentando o seu último traballo, Tabula Rasa, rematado de gravar no 2010.
"Cando escribimos a primeira canción para Tabula Rasa, en maio de 2009, probablemente o único que tiñamos claro era que tiña que sonar a trío. Parece unha redundancia partindo da base de que somos 3 na banda, pero en realidade non o é. De feito, este é o primeiro disco que compuxemos con esta mentalidade, de maneira que tivemos que sintetizar todas as ideas e frases extra que sempre xorden á guitarra, acadando así liñas e riffs máis complexos, coa intención de que logo tampouco perdan forza nin detalle en directo.
Cremos que este é o feito diferencial máis importante de Tabula Rasa, construído xa dende os alicerces, dun modo que nunca abordadaramos. Algo parecido ocorre tamén coa parte lírica, aínda que isto non foi intencionado, senón máis ben a resposta ás nosas propias demandas de querer escoitar letras con máis miga acompañando a parte instrumental do disco. O cotián volve ser a principal fonte da que bebemos á hora de escribir, aínda que quizais o tono xeral do disco incorpore certas doses de morriña cara a épocas xa pasadas. Non sabemos se quedará aínda algunha vella gloria que se emocione ao recordar aqueles concertos de Abraxas, de Happy Meals, aqueles pósters do "Shut Up And Listen" inundando a rúa Tallers, ou aqueles impagables striptease do bono de Warren Fitzgerald en Garatge, pero polo que a nós respecta, non foron por nada.
Estilisticamente, na nosa opinión, Tabula Rasa é, con moito, o disco máis contundente de NWO ata a data. Quixémonos impregnar máis que nunca da maneira de entender a música que aprendimos das bandas de punk-rock e hardcore melódico, que tanto nos deleitaron nos noventa. Todo isto, obviamente, analizado a touro pasado, porque o único que pretendimos con todos e cada un dos 11 temas do disco é que fosen directos e entretidos de tocar, e a xulgar polos ensaios que vimos facendo, cremos que o conseguimos.
Producido conxuntamente por Joe Marlett e Noel Campillo, Tabula Rasa foi gravado en Kcleta Studios (Sant Antoni de Vilamajor, Barcelona) durante os meses de setembro e outubro de 2010, e mesturado tamén por Joe Marlett un mes máis tarde.
-
(02:59h.)
-
(02:59h.)