Presenza activa. Acción, obxecto e público
Autor, dramaturxia e dirección: David Loira. Axudante de dirección: Carlos Neira. Axudante de coreografía: Kirenia Martínez. Actor, bailarín: David Loira. Deseño de Iluminación: Octavio Mas. Fotografía/Deseño: Manu Lago
O bailarín e coreógrafo David Loira presenta o seu terceiro traballo individual á procura da máxima hibridación con outras disciplinas artísticas como o teatro, o clown, o cine mudo. O actor/bailarín minimiza o espazo que hai entre él e o espectador, no que non deixa fisuras para o prexuízo e así o convirte nun espello no que mirarse e identificarse máis alá do espazo privado no que só existen tulipanes para contemplar. Dalgún xeito, o actor/bailarín pasa a ser espectador, e o espectador actor/bailarín.
Esta é unha gravación feita na nasa do seu traballo anterior:
-
(21:55h.)
-
(21:55h.)