PRESENTACIÓN DE GALIZA ANO CERO EN VIGO
Seguimos en ruta, para que nos coñezas e para escoitarte, porque isto está en construción e precisa das mans de todas. Este xoves a caravana de Galiza Ano Cero para en Vigo, no Bou Eva, no número 11 da rúa Terzo de Fóra, ás 20 horas. Achégate e falamos.
Estes encontros está pensados para que coñezas mellor en que consiste Galiza Ano Cero, o que queremos facer, quen somos, e como temos pensado intentalo, e sobre todo para escoitar, debater e aprender a construír isto entre todxs. Os actos retransmitiranse en streaming dende este mesmo web, así que calquera poderá participar na distancia empregando, por exemplo, a etiqueta #outratv en Twitter.
Non será a última presentación do proxecto. A semana vindeira estaremos en Santiago, Pontevedra e Ourense. En todo caso, lembra que podes propoñer encontros deste tipo na túa vila ou cidade, no local da túa asociación ou no teu centro social. Onde queiras. Escríbenos a info@galizaanocero.tv.
-
(20:00h.)
Asociación Cultural Bou EvaTerzo de fóra, 11, 36204 Vigo(20:00h.)
Asociación Cultural Bou EvaTerzo de fóra, 11, 36204 Vigo