PRESENTACIÓN DE GALIZA ANO CERO EN PONTEVEDRA
Para que nos coñezas e para escoitarte, porque isto está en construción e precisa das mans de todas, seguimos en ruta. Este XOVES 4 de XULLO Galiza Ano Cero para en PONTEVEDRA, no LICEO MUTANTE, no número 100 da rúa Rosalía de Castro, ás 20.30 horas. Achégate e falamos.
Estes encontros, que xa tiveron lugar en Vigo, A Coruña e Compostela, están pensados para que coñezas mellor en que consiste Galiza Ano Cero, o que queremos facer, quen somos, e como temos pensado intentalo, e sobre todo para escoitar, debater e aprender a construír isto entre todxs. Os actos retransmitiranse en streaming dende este mesmo web, así que calquera poderá participar na distancia empregando, por exemplo, a etiqueta #outratv en Twitter.
Non será a última presentación do proxecto. Esta mesma semana estaremos en Ourense (Café Cultural Auriense, sábado 6 de xullo). En todo caso, lembra que podes propoñer encontros deste tipo na túa vila ou cidade, no local da túa asociación ou no teu centro social. Onde queiras. Escríbenos a info@galizaanocero.tv.
-
(20:30h.)
O Liceo MutanteRúa Rosalía de Castro nº 100 36002 Pontevedra(20:30h.)
O Liceo MutanteRúa Rosalía de Castro nº 100 36002 Pontevedra