prESENCIAS
En escena: Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Mónica García, Arantza Villar, César Goldi, Iván Marcos, Pepa Yáñez, Xron, Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián, Os da Ría.
Os principais partidos políticos, o governo, algúns artistas famosetes ou a SGAE, tratan de convencernos de que para soster o estado do benestar hai que pagar un cánon. Isto é, adiantar os cartos simplemente polo feito de ter a posibilidade de exercer os nosos dereitos. Cartos que van sempre para empresas ou persoas con moito ánimo de lucro. Como temos dereito a usar a liberdade de expresión, temos que pagar un cánon. Como temos dereito a usar a auga, agora en Galicia teremos que pagar un cánon. Como temos dereito a respirar, acabaremos por ter que pagar un cánon.
Pois non. Ninguén nos consultou. Alguén está tomando decisión que afectan ás nosas vidas. Chámannos ladróns. Lanzan ameazas contra todo dios. Artellan leis que son rexeitadas e aproban pola porta de atrás. Todo para soster un nível de beneficios que nin os mercados nin a sociedade poden soportar por máis tempo.
-
(17:16h.)