Pregón da Mostra de Cangas
A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas cumpre 30 anos, un exemplo de resistencia que algún día debera obter a súa merecida recompensa. Pero mentres seguen os tempos de semi-clandestinidade da cultura galega, agora proscrita por causa da "austeridade", precisamos de lugares coma este para visibilizar o problema, é dicir, para poñer a cultura en primeiro termo, en primeiro plano. Este ano Chévere é a compañia convidada para dar o pregón de apertura da Mostra e faino con todo orgullo e agradecemento. Un pregón en formato sketch que servirá para seguir "mirando" este mundo con ese toque bolañano que tanta falta segue facendo.
E despois do pregón, unha obra moi recomendable, "Pequenos actos pseudorrevolucionarios que non serven para cambiar o mundo pero fan que quedemos máis tranquilos", de Ibuprofeno Teatro.
Máis info: http://www.mostrateatrocangas.org/index.php/programa
-
(22:30h.)
Auditorio Municipal de CangasAvenida de Lugo 36940 Cangas(22:30h.)
Auditorio Municipal de CangasAvenida de Lugo 36940 Cangas