Payola Tour 2010 - 2011
Idea e dirección: Roberto G. Alonso. Creación e interpretación: Lorena Callejas, Roberto G. Alonso, Pau Gómez, Beatriz Torralvo. Colaboración na creación: Cristina Martí, Susana Rodríguez, Meritxell Ballús. Vídeo creación: José Martret. Deseño iluminación: Tony Murchland. Deseño espazo sonoro: Josep M. Portavella e Marc Sobrepera. Construción escenografía: Pau Gómez. Música: Franz Schubert. Produción executiva: Joan Solé. Produción: Cia. Roberto G. Alonso. Co apoio do Ajuntament de Barcelona e Institut Ramón Llull.
Movemento, espazo e vídeo-creación únense nesta proposta que explora a conduta humana da exclusión do diferente, onde o sufrimento alleo, o escarnio e o afundimento moral do individuo convértense nun cruel xogo de poder.
Un comprometido alegato en contra da violencia física e psíquica e do feito de mirar para outro lado ante un fenómeno, o bulliyng, cada vez máis frecuente na nosa sociedade.
Roberto G. Alonso é titulado en Danza Contemporánea polo Instituto del Teatro de Barcelona (1993) e licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Barcelona (2000). Amplía a súa formación recibindo clases maxistrais de Caroline Carlson e Lloyd Newson (DV8) entre outros.
Inicia a súa traxectoria como creador no 1992 gañando o 2º Premio no VI Certame Coreográfico de Madrid e no 1995 funda a súa propia compañía creando varios espectáculos tanto de sala como infantís ou de rúa. A Compañía que leva o seu nome foi convidada por prestixiosos festivais nacionais e internacionais como o de Sitges, Festival Grec, Fira de Tàrrega, Festival Shakespeare e o Festival de verán de Frankfurt. A súa particular concepción coreográfica caracterizada pola combinación da danza coa narrativa teatral fixo do seu traballo un dos referentes da danza-teatro catalana.
Roberto Alonso compaxina a actividade creativa da súa compañía coa participación como director coreográfico e de movemento en diferentes espectáculos teatrais, óperas e musicais traballando con recoñecidos directores de escena e dramaturgos como Josep Costa, Xavier Albertí e Josep María Miró.
Roberto G. Alonso ten feito incursións no mundo do xornalismo, o cinema e o deseño de vestiario, e ten colaborado con artistas e compañías do mundo do espectáculo e as artes: The Chanclettes, La Terremoto de Alcorcón, Pedro Almodóvar y Lorenzo Caprile.
Actualmente está traballando no proxecto artístico que reabrirá a lendaria sala de espectáculos El Molino del Paralelo barcelonés como coreógrafo e director adxunto.
-
(18:10h.)
-
(18:10h.)