Os Traballos de Hércules
Creación e interpretación: Helen Bertels. Textos: Helen Bertels. Vestiario: Matilde Rodríguez Vázquez. Iluminación: Manu Lago. Deseño gráfico: Dolores Folgar e Manu Lago. Fotografía: Teresa Borace e Manu Lago. Xestión e distribución: La Tía Mardalina. Vídeo: Teresa de la Hera. Producen: Helen Bertels e La Tía Mardalina. Espazos colaboradores: Centro Dramático Galego, Fundación Eugenio Granell, Teatro Ensalle, Espazo Aberto, Laboratorio de Movementos.
Ela é máis ou menos alta, guapa, bueno atractiva, loira, un bo formato, unha desas persoas que ves pola rúa e non podes deixar de mirar porque queres saber por que non a podes deixar de mirar, seguro que cociña ben, non é que quera coñecela, daríame preguiza, máis ben téñolle unha especie de medo, creo que ten todo o que eu non teño, é perfecta.
Helen Bertels (Cottbus - Alemaña, 1978) traballou como intérprete en varios espectáculos de Matarile Teatro, así como para o Centro Dramático Galego en Illa Reunión. Tamén ten creado pezas curtas propias como Infinitesimal, Eu a alemana ou Oo frío que se quedou.
-
(16:19h.)